
Slaine inclúe un novo sistema de arrinque para imaxes live, un instalador mellorado que amosa ao usuario algúns dos puntos destacados do proxecto durante o proceso e novas aplicacións preinstaladas como o cliente de escritorio remoto Remmina, o agregador de redes sociais Gwibber ou o xestor de copias de seguridade Déjà Dup.
Trisquel 4.5 Slaine está baseada en Ubuntu 10.10, e entre os seus principais paquetes de software libre están Linux-libre 2.6.35, Xorg 7.5, GNOME 2.32, navegador web baseado en Mozilla 3.6.15 e OpenOffice 3.2. Tamén conta cun controlador Nouveau experimental para gráficas nVIDIA que permite utilizar a aceleración 3D con software totalmente libre (aínda que a funcionalidade vén desactivada por defecto para evitar problemas nalgunhas tarxetas que poden operar de xeito inestable con esta aceleración).
A distribución de Linux Trisquel estrea versión 4.5
Compartir Este Artigo
