Unha das funcionalidades que máis éxito popular está a ter da base de coñecemento Classora son os seus rankings, que permiten crear listaxes abertas á participación, o que agora xa non quedará pechado á súa plataforma web pois veñen de estrear a aplicación para Facebook chamada Classora Social Rankings, de xeito que pódese participar desta ferramenta sen ter que saír da plataforma creada por Mark Zuckerberg.
A aplicación de Facebook permite pasar un bo rato votando enquisas ou descubrindo as opinións dos amigos sobre un tema determinado, pero tamén pode empregarse para crear auténticos estudos de opinión sobre temas de interese, aproveitando as sinerxías entre a viralidade de Facebook e o atractivo dos rankings sociais.
Esta novidade de Classora está integrada nun proxecto máis amplo que busca crear un conxunto de programas cliente que faciliten o acceso á base de coñecemento desta plataforma desenvolvida en Galicia dende diferentes soportes e dispositivos, ofrecendo funcionalidades concretas en cada caso.
Classora estrea aplicación para Facebook
Compartir Este Artigo
