A Fundación Linux (The Linux Foundation), organización sen ánimo de lucro dedicada á aceleración do crecemento do Linux, anunciou hoxe que a compañía galega de desenvolvemento de código aberto Igalia sumouse como membro para colaborar coas actividades da Fundación.
Igalia leva 10 anos ofrecendo servizos de consultoría informática (dirixida a desenvolvementos libres de escritorio, móbiles e web) e colaborando con multitude de proxectos de código aberto como GNOME, WebKit, MeeGo, o kernel de Linux, freedesktop.org, Gstreamer e Qt, polo que o seu compromiso co software libre está máis que demostrado, polo que a súa adhesión á Fundación Linux é, en palabras de Juan José Sánchez, co-fundador de Igalia, «un paso natural para formalizar a nosa relación con este ecosistema» no que se desenvolven numerosos proxectos colaborativos.
Igalia únese á The Linux Foundation
Compartir Este Artigo
