
Segundo conta Miguel Rodríguez, a xornada de tradución serviu entre outras cousas para pór en práctica os contidos aprendidos previamente polos participantes e para adaptar ao galego aplicativos pequenos e un conxunto de programas con maior volume de cadeas. A xuntanza, coordinada por o filólogo Antón Méixome e máis o técnico da dita Oficina, Enrique Estévez, foi dende o puramente teórico ata o decididamente práctico, coas traducións propiamente ditas e preparándose o terreo do traballo de divulgación que vén despois, cos participantes empregando as ferramentas tratadas e recomendándollas aos seus contactos. Entre os recursos traducidos, e como é lóxico, semella que hai maioría de aplicativos ligados aos procesos educativos e formativos, como Giftwrap, Viewnior, Gossip ou Nemive. “En total”, engade Miguel Rodríguez, “ao final dunha longa xornada que se prolongou por propio gusto alén das nove horas previstas, un conxunto de 13 aplicativos foran traducidos por nós, aínda que os coordinadores de GNOME e Ubuntu estean a facer a revisión e corrección final”.
O Fiadeiro de tradución da USC saldouse con máis dunha ducia de localizacións ao galego
Compartir Este Artigo
