Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Quobis pecha 2010 cun medre do 38%
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Quobis pecha 2010 cun medre do 38%

Fernando Sarasketa
Publicado: 11/01/2011
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Iago Soto, responsable comercial de Quobis, na web Emprendedores
Iago Soto, responsable comercial de Quobis, na web Emprendedores
A empresa galega Quobis vén de rematar 2010 ollando cara a adiante sen perder de vista o que deixa tras de si. Segundo nos contan fontes da propia compañía, os froitos do ano que rematou poñen de manifesto dúas cousas: a boa marcha da empresa e o potencial do sector dixital-tecnolóxico para pór en xogo novos vieiros de actividade diferentes aos afectados pola crise, e aos que motivaron en boa medida a crise. En termos concretos, 2010 representou para Quobis un medre importante na cifra de negocios, dun 38%, e todo isto “malia o contexto económico actual”.
A xuízo da firma, esta taxa de crecemento débese a varios factores: a especialización tecnolóxica e en certos mercados verticais, a suma de experiencia (práctica á hora de tirar partido dos puntos fortes) e a meirande presenza nos mercados español e portugués.
Para Elías Pérez, director xeral de Quobis, todo isto non sería posible sen ter centrado a actividade da compañía na interconexión, a interoperabilidade e máis a seguridade de redes de comunicacións unificadas. Asemade, cómpre engadir ao paquete de causas do crecemento a orientación cara a mercados como o das telecomunicacións, call centers e xestores de grandes redes, así como a apertura á colaboración con enxeñerías e integradores de primeira liña. Máis en detalle, Quobis inaugurou contas este ano con empresas do eido das telecomunicacións como R, BT ou Telecor, e estableceu alianzas con Sykes, Avanza-Unitono ou Grupo SS, centradas nos servizos de atención aos clientes para outras empresas.
Sobre as perspectivas de 2011, o obxectivo é afondar nos logros obtidos e ir un pouco máis lonxe na apertura de mercados. Deste xeito, Quobis prevé afianzar a súa presenza en España e Portugal e emprender actividades en catro países de Lationamerica. Amais, apostará pola xeración de servizos de produción propia no eido das comunicacións en tempo real. Nesta liña insírese SecVoID, “a primeira solución do mercado que permite autentificar e máis encriptar chamadas baseadas no uso do DNI electrónico español ou o cartão do cidadão portugués”, informa a firma de consultoría TIC con sede en Vigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?