O Pavillón Municipal de Deportes de Sada acollerá o vindeiro sábado a terceira edición de RetroCoruña, un evento de asistencia de balde organizado pola Asociación de Usuarios de Informática Clásica en colaboración co Concello de Sada e que busca xuntar a moitos seareiros de ordenadores e consolas de videoxogos que podemos considerar auténticos clásicos, e que contará con numerosos equipos expostos (en moitos casos plenamente operativos para que os asistentes poidan comprobar o seu funcionamento e/ou lembrar vellos tempos), un obradoiro de reparación de consolas e ordenadores clásicos (no que poderase recuperar in situ algún vello equipo avariado que os participantes teñan na casa), sorteos de balde, torneos de xogos como Pac-Man, King of Fighters e Street Fighter II, e varios relatorios: 
Explicación do que é a electrónica e a súa aplicación a máquinas de 8 e 16 bits, compoñentes máis comúns e a súa montaxe. Falarase das fontes de alimentación e a súa reparación, montarse un circuíto de proba, farase a montaxe dun LED nunha consola Master System (que non o leva orixinalmente) e montarse en directo un Mod de saída AV a outra Master System. – 17:00 horas: Construción dunha recreativa
Dous membros de ZonaArcade explicarán cómo montar unha máquina recreativa plenamente funcionar, abordando aspectos como a pintura, os vinilos, o panel de control, os deseños, os ordenadores no seu interior, a súa configuración de software e o seu manexo final.
No expositor de ZonaArcade tamén haberá paneis de control de proba e durante a feira estará dispoñible unha máquina recreativa rematada para que os asistentes poidan ver e xogar coa mesma. – 18:15 horas: ¿Cómo traballar nunha empresa de videoxogos?
Silvia Lòpez Gómez, pedagoga especialista no deseño e creación multimedia, reflexionará sobre a industria dos videoxogos en Galicia, abordando temas como os procesos de produción, as funcións dos distintos tipos de profesionais e os retos na creación dos xogos dixitais.
RetroCoruña 2011 xuntará en Sada a seareiros dos videoxogos clásicos
Compartir Este Artigo

