Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O servizo galego menus.es supera a liña dos 7.000 establecementos rexistrados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O servizo galego menus.es supera a liña dos 7.000 establecementos rexistrados

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/06/2011
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

menus-es-2.jpgOs responsables do servizo de raizame galega menus.es, do que xa falamos polo miúdo en Código Cero con motivo da súa presentación en Lugo o pasado mes de febreiro, están a facer un chamamento aos membros da comunidade en liña galega e estatal para que proben a tirarlle partido á devandita web, especialmente axeitada, sinalan, para atopar os establecementos hostaleiros que mellor se adapten aos seus gustos e aos seus intereses. A gran vantaxe do servizo, engaden, radica na xeolocalización e na facilidade de uso. A maiores, na súa base de datos non para de medrar. Se en febreiro falamos duns 6.000 locais atopándolle beneficio, a cifra xa hai semanas que foi alén dos 7.000.
Por medio de todo o devandito, faise moito máis doada a procura de menús e cupóns desconto de restaurantes de toda España, complementando esta opción con datos actualizados, publicados polos propios restaurantes, dos pratos e os prezos dos menús.
“Por medio da xeolocalización”, sinalan os empresarios galegos responsables da web, “os milleiros de usuarios diarios de menus.es poden atopar un establecemento indicando o lugar no que se atopan e obter toda a información achegada por cada restaurante, dende a súa localización exacta ata consellos para chegar alí, o menú que se ofrece e máis o seu prezo”.
Asemade, tamén se poden facer procuras por un prato determinado e coñecer as especialidades de cada establecemento. Así nolo explican os cinco socios impulsores do servizo, creado ao abeiro do Viveiro de Empresas da Fundación CEL de Lugo: “Por exemplo, se o que queremos é comer polbo á brasa, poderemos atopar o restaurante máis próximo que inclúa esta especialidade na súa oferta, ou que a teña recomendado na sección suxestións”.
A solución é manexable dende a propia Internet ou ben a través dunha aplicación móbil para smartphone, que se descarga, precisamente, da páxina principal. Segundo explican os responsables da iniciativa, tanto nun caso coma noutro o máximo obxectivo é facer algo doado e útil: “Trátase dunha aplicación moi intuitiva e fácil de empregar que nos vai permitir acceder dende calquera sitio á información dos establecementos que estean rexistrados no servizo”.
Para dármonos de alta en menus.es, contribuíndo co noso local hostaleiro, non será preciso desembolso algún. A propia páxina facilita unha guía de como facelo. Unha vez nos rexistremos, cada restaurante poderá acceder á súa conta e publicar os seus datos, ofertas e suxestións gastronómicos. Mesmo poderá actualizar os seus menús a cotío se así o desexan.
Como dixemos, o servizo conta a día de hoxe con máis de 7.000 restaurantes rexistrados na súa base de datos, “beneficiándose das vantaxes do servizo de busca de restaurantes xeolocalizados en menus.es, sen dúbida todo isto supón unha excelente promoción para os establecementos asociados e un reclamo para que máis clientes visiten os locais”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?