Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Bahía Software obtén un novo recoñecemento pola súa solución de mellora dos diagnósticos médicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Bahía Software obtén un novo recoñecemento pola súa solución de mellora dos diagnósticos médicos

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/12/2011
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

bahia_software-2.jpgA empresa galega Bahía Software, con sede en Santiago de Compostela, vén de obter un importante recoñecemento ao seu labor no eido específico da achega de novas ferramentas tecnolóxicas para a mellora e optimización da atención sanitaria. Máis polo miúdo, o recoñecemento veu dado polas múltiples vantaxes e funcionalidades de Bay DICOM Media, innovadora solución de imaxe médica dixital desenvolvida pola compañía galega que vén de ser premiada como Mellor solución TIC nacional de saúde e benestar. O galardón vén da man da plataforma tecnolóxica eVia, a través do seu grupo de traballo Coordina2, que atopou unha chea de factores positivos na ferramenta de Bahía, factores entre os que se conta o seu potencial á hora de mellorar os diagnósticos médicos.
De feito, segundo nos conta a firma galega, a solución galardoada é a única do seu ámbito (imaxe radiolóxica dixital) que permite importar e exportar estudos médicos e converter ao formato DICOM de imaxe médica estándar. O xurado valorou tamén as funcionalidades da ferramenta para xestionarmos, dende o punto de vista do paciente, a nosa propia información de saúde. Isto valeríanos, por exemplo, para obter un segundo punto de vista médico.
Este recoñecemento de eVia súmase ao concedido hai unhas semanas polo Colexio e a Asociación de Enxeñaría de Telecomunicacións de Galicia (COETG-AETG), que durante a pasada edición da Noite das Telecomunicacións decidiu outorgarlle a Bahía Software o Premio ao mellor proxecto TIC con beneficios sociais para Galicia. Sobre estes e outros galardóns, José Ramón Varela, director de Proxectos da empresa galega, amosa o importantes que resultan para unha firma que, lonxe dos orzamentos e dos centros de actividade das grandes multinacionais, leva sempre por diante a innovación social como un compromiso firme: “Ámbolos premios son moi importantes para nós xa que supoñen un recoñecemento á nosa aposta pola innovación no desenvolvemento de novos produtos, así como un apoio ao esforzo dos nosos profesionais ao pór a disposición de médicos e pacientes un produto de gran calidade, baseado na imaxe médica dixital, que lles permita compartir información de xeito áxil e sinxelo; ademais, a implantación dun sistema de imaxe médica dixital supón un máis que importante aforro de custes para hospitais e centros de saúde”. Sobre este último punto, salientar que con Bay DICOM Media é posible, entre outras cousas, recuperar as imaxes do paciente do sistema informático e salvagardalas nun suporte de almacenamento convencional (CD, DVD, USB ou SD) para seren lidas por calquera software compatible co estándar de imaxe médica. Este soporte inclúe, ademais das imaxes dixitais, os datos médicos e os do doente. “Desta maneira”, engade Bahía, “facilítase a integración da imaxe médica e informes entre sistemas públicos e a actividade realizada en hospitais concertados e privados; ao tempo que se traballa por conservar a trazabilidade no manexo da información garantindo a confidencialidade do paciente e seguindo a Lei Orgánica de Protección de Datos”. A través dun pequeno software incorporado, o doente pode abrir este soporte no seu computador persoal co fin de consultar a súa propia historia médica sen necesidade de ter ningún programa especial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026
Actualidade

O programa de formación dixital para pemes da Deputación da Coruña e o ITG arrinca este martes en Boiro

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?