O primeiro proxecto autonómico dunha distribución de GNU/Linux en España, LinEx, cesou as súas actividades o pasado 31 de decembro, posto que a Xunta de Estremadura decidiu deixar de financiar esta iniciativa ante a súa insustentabilidade, o que supón que os contratos laborais dos traballadores que desenvolvían esta distribución de Linux non serán renovados en 2012 e a distribución pasará a depender da Fundación CENATIC. Isto non supón o abandono do Linux por parte da Administración autonómica, senón que mudarán a súa distribución por outra máis estendida, Debian.
LinEx apareceu hai xa 9 anos, captando a atención de todo o mundo, pois parecía unha iniciativa chamada a revolucionar o sector público, especialmente nos contornos educativos, o que provocou unha vaga de réplicas por todas España, o que non parecía moi razoable, pois non existe unha demanda real de rexionalización do software (unha vez localizado ás distintas falas, o que xa fan as distribucións xenéricas practicamente dende os seus inicios).
O Linux estremeño di adeus
Compartir Este Artigo
