Este xoves ás 19:00 horas terá lugar na Escola de Negocios NovaCaixaGalicia sita na Ronda de Nelle, 31 de A Coruña a volta á actividade de Iniciador Galicia, serie de eventos centrados no emprendemento tecnolóxico que comeza o ano coa visita de Diego Ballesteros, quen tras pasar por proxectos como Ocioteca, MundoSalud e Salir.com está centrado en Sindelantal.com, plataforma para pedir comida a domicilio entre unha ampla oferta de restaurantes que está en pleno proceso de internacionalización.
Neste evento, Ballesteros explicará as dificultades que atopou á hora de levar adiante este proxecto e como foi superando os atrancos que foron xurdindo, así como os retos de futuro que se marcan. Tamén compartirá a súa experiencia persoal como emprendedor.
Para acudir ao relatorio de balde de Diego Ballesteros será preciso inscribirse por correo electrónico ou a través de Facebook, para que a organización do evento poida axustarse ao aforo dispoñible.
Iniciador Galicia comeza 2012 cun relatorio do responsable de Sindelantal.com
Compartir Este Artigo

