O Teatro Principal de Burgos acollerá a II Edición do Congreso Iberoamericano Sobre Redes Sociais, iRedes, entre os días 22 e 23 de marzo, xuntando a creadores de redes sociais e dinamizadores das principais redes sociais de España e América Latina, community managers e profesionais da publicidade, o marketing e a comunicación interesados nas últimas tendencias das comunidades en liña, como xa pasou en 2011, cando os 34 relatores do evento puideron seguirse en directo por máis de 300 persoas de xeito presencial e máis de 42.000 internautas a través da Internet.

Unha das mesas redondas que xa se adiantan do Congreso é a que analiza o impacto das redes sociais nos medios de comunicación, que estará moderado polo profesor José Luis Orihuela, e na que participarán Raúl Briongos (Diario de Burgos), Carina Novarese (El Observador), Eduardo Arriagada (Universidade Católica de Chile) e os galegos Bieito Rubido (ABC) e Nacho de la Fuente (La Voz de Galicia).
iRedes contará con presenza galega na súa mesa redonda sobre o impacto das redes sociais nos medios de comunicación
Compartir Este Artigo

