
Da man da Oficina de Relacións Internacionais, o foro, como dixemos, xirará arredor do papel que están a ter as novas tecnoloxías da información na internacionalización dos centros de ensino superior. Cun programa organizado en catro bloques fundamentais, a xornada primeira servirá entre outras cousas como toma de contacto, incluíndo unha benvida do reitor, a intervención do vicerreitor de Relacións Internacionais e unha presentación da Universidade, que se complementará cunha visita as instalacións do campus.
O resto da semana dividirase xa por paneis temáticos. O martes o tema central serán as redes sociais; o mércores, a televisión e os medios audiovisuais no ámbito da educación e da promoción das universidades; o xoves, as estratexias de comunicación nun mundo conectado e, xa o venres, as dobres titulacións.
O Campus de Vigo acolle a partir do día 5 un encontro sobre internacionalización e redes sociais
Compartir Este Artigo

