
Detrás da organización desta convocatoria galega de LATA atópanse o Grupo de Investigación en Lingua e Sociedade da Información (LYS) da UDC e máis o Research Group on Mathematical Linguistics – GRLMC da University Rovira i Virgili de Tarragona.
O grupo LYS, cóntanos a Universidade da Coruña, é un equipo de investigación interdisciplinar adscrito ao Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da UDC, no que traballan profesores e investigadores das áreas de Lingüística Xeral e de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial das Facultades de Filoloxía e Informática. As súas investigacións principais céntranse na Lingüística Computacional, Procesamento da Linguaxe Natural e Enxeñaría da Lingua, para o desenvolvemento de recursos para as Tecnoloxías Lingüísticas.
A FIC acolle esta semana unha xuntanza internacional sobre aplicacións TIC da lingüística
Compartir Este Artigo
