Tras 6 meses dende a última entrega de GNOME, chega agora a versión 3.4 do sistema operativo de código aberto, que tamén está dispoñible totalmente localizado ao galego e supón un importante paso adiante para GNOME 3.
GNOME 3.4 incorpora numerosas novidades como un buscador de documentos que permite acceder de xeito rápido a contidos almacenados nos noso equipo e na Rede, un desprazamento suave para moverse dun xeito máis elegante entre os contidos, novos menús de aplicacións, melloras de rendemento na interface de uso, corrección de numerosos fallos atopados en versións anteriores, o cambio de nome do navegador web Epiphany (que agora responde ao nome de Web) e moitas outras características desta revisión de GNOME 3 que centrouse especialmente no redeseño e no desenvolvemento das aplicacións.
Xa está dispoñible en galego o GNOME 3.4
Compartir Este Artigo
