
Segundo informa o Grupo, xa podemos rexistrarnos para participar no evento e, tamén, para estar ao tanto das novas relacionadas coa cuestión.
A actividade deste 5 de maio, como o seu propio nome indica, servirá para afondar ata onde sexa posible nas capacidades dos múltiples programas abertos para empregarmos as diversas linguaxes dispoñibles do eido dixital. A actividade comezará ás 16.00 horas coa apertura das xornadas e dez minutos máis tarde, Alejo Pacín (GPUL) abordará a cuestión da infidelidade interfactual (fomentándoa) e o amplo mundo das contornas de escritorio.
Arredor das 17.00, Juan Carlos López (Electrotelecom) falará de realidade aumentada e software libre, estando prevista para as 18.00 horas unha actividade de debate e difusión arredor de Pánico en el Núcleo, un programa de lecer en formato radio sobre o mundo de Linux e o software libre. Seguindo este fío, dicir que a intención dos organizadores é realizar, botando man do potencial comunicativo desta xornada, un programa en directo coa participación do público asistente.
Para rematar, ás 19.30 horas está programado un obradoiro sobre como crear unha aplicación que reproduza vídeo con Gstreamer. O peche das xornadas é as 20.30 horas.
O GPUL prepara para o día 5 unha xornada sobre as múltiples posibilidades multimedia do software libre
Compartir Este Artigo
