
Para estes premios constituíuse un xurado moi heteroxéneo, composto por persoas de distintos ámbitos, entre os que figuran expertos do ámbito do social media como Juan Merodio; o director de social Media de Elogia, Rubén Bastón; o consultor Fidel Martín; o profesor e blogueiro Manuel Gago; e outros ata sumar un total de 16 membros.
O Festival MexilOnseTuits distribuirá as súas actividades seguindo un programa que aínda está suxeito a cambios dada a cantidade de solicitudes de colaboración que están a recibir, e que polo momento está repartido do seguinte xeito: – 10:00 – Apertura de portas e recepción de aistentes – 10:30 – Inauguración do Festival por parte da Organización – 11:00 – Presentación dos finalistas nas diferentes categorías e nomeamento dos gañadores – 12:00 – Descanso – 12:30 – Continúase coa presentación de finalistas e nomeamento de gañadores nas categorías restantes – 13:30 – Mesa redonda sobre o panorama galego do Social Media – 14:30 – Comida degustación de produtos típicos galegos – 17:00 – Visitas guiadas ao Museo Massó, e saída en embarcacións tradicionais con Os Galos – 19:00 – Foliada – 20:00 – Concerto e fin do festival
Máis de 100 proxectos inscribíronse no concurso de marketing en medios sociais do MexilOnseTuits
Compartir Este Artigo

