
O I Congreso Internacional Coñecemento Tecnoloxías e Ensino: políticas e prácticas universitarias diríxese tamén a brindarlles ás institucións universitarias, en xeral, novos azos para acadar vixencia, á vista de nin a fortaleza nin a tradición son de abondo para sobrevivir. Neste senso, o congreso amósase como “unha aposta cara a un novo rumbo do pedagóxico, posibilitando un debate por e para universitarios arredor das principais problemáticas destas institucións educativas”, sinalan as dúas entidades.
Segundo engade Adriana Gerwerc, coordinadora do evento, a principal función deste encontro é “permitir que a universidade como institución se repropoña de novo o seu papel, as súas funcións e o seu lugar na actualidade, proxectando a voz dos estudantes cara a comunidade social perante o conxunto de demandas cruzadas procedentes dos organismos e axencias nacionais e internacionais”.
A celebración do congreso desenvolverase os días 6, 7 e 8 de febreiro do ano vindeiro no Centro Galega de Arte Contemporánea, o CGAC, en Santiago de Compostela. Esta iniciativa insírese nun programa de actividades levadas a cabo pola Rede UNISIC (Universidade e Sociedade da Información e o Coñecemento) en cooperación coa AECID (Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento). A Rede UNISIC naceu en 2006 a partir do establecemento de proxectos comúns entre as universidades de Chile, Arxentina e Bolivia coordinadas pola Universidade de Santiago.
A USC impulsa un congreso internacional para debater sobre as posibilidades das TIC no ensino
Compartir Este Artigo

