Esta mañá a Facultade de Informática da Coruña acolleu a apertura do Congreso Europeo de Desenvolvedores e Usuarios de GNOME (GUADEC) que ata o 1 de agosto congregará a preto de 300 expertos en Software Libre procedentes de boa parte do mundo, e que participarán en 4 conferencias maxistrais, 97 relatorios e diversos obradoiros que converterán a este encontro nun foro internacional para a investigación e o desenvolvemento do proxecto GNOME.
Para a celebración deste encontro cóntase coa colaboración da Universidade da Coruña e a Xunta de Galicia, así como co patrocinio de empresas e entidades tecnolóxicas como Google, Red Hat, Canonical, Collabora, Igalia, Openshine e Open Invention Network, e o apoio da Linux Foundation, GNOME Hispano e GHANDALF.


Appelbaum non é a única figura relevante que participará neste encontro, podendo destacarse a outros persoeiros como Federico Mena, quen iniciou o proxecto GNOME xunto a Miguel de Icaza en 1997.
Nos vindeiros días trataranse numerosos temas de interese como as innovacións tecnolóxicas e novas aplicacións en GNOME, os avances de GNOME en accesibilidade (para facilitar que persoas con diversidade funcional poidan empregar equipos informáticos), GNOME en dispositivos móbiles, a localización e internacionalización do proxecto GNOME e mesmo o uso de GNOME no ensino (a través de Sugar e o proxecto OLPC).
Principia na Coruña o Congreso Europeo de GNOME de 2012
Compartir Este Artigo

