Aínda que os podcast popularizáronse a través de iTunes, existen moitos xeito de achegarse a este tipo de contidos, e unha das páxinas web máis populares que ofrece a hospedaxe de podcasts é, sen dúbida, iVoox, un audioquiosco que leva funcionando dende 2008 e que conta con centos de novos ficheiros sonoros cada día que podemos escoitar vía web, descargar e mesmo organizar en subscricións. Pero agora a utilización desde servizo en liña será máis doado dende o móbil, pois nos últimos días estrearon aplicación para iPhone e para dispositivos con Android.
Estas novas aplicacións permite tanto escoitar os ficheiros sonoros en liña (por 3G ou Wi-Fi), descargalos para escoitalos fóra de liña, gardar audios de interese para escoitalos con posterioridade, sincronizar o perfil de usuario entre a web e o móbil, xestionar subscricións e incluso recibir recomendacións de audios segundo os nosos gustos e o que escoitamos habitualmente.
iVoox estrea aplicación móbil para iOS e Android
Compartir Este Artigo

