As instalacións da Cidade da Cultura de Galicia no monte Gaiás servirá de escenario de luxo para o II Foro Internacional de Espazos para a Cultura (FIEC) que desenvolverase entre os días 7 e 9 de novembro baixo o título de A Araña na Rede, pois pretende centrar a súa atención na relación entre os Museos e as Novas Tecnoloxías, para ilustrar o xeito nos que as TIC están a influír á creación artística e aos hábitos de consumo cultural, en boa medida por permitir o acceso permanente e dende calquera parte do mundo, popularizar o acceso a diferentes xeitos de expresión artística, abarataron os custos de produción e difusión e, en definitiva, democratizaron a arte.
Este novo Foro servirá para axudar a que museos, centros culturais e galerías poidan reformular os seus obxectivos e funcións, así como a súa presenza real e virtual atendendo ao reto de estar á altura das esixencias do público, que deben atenderse de múltiples xeitos, que van dende unha simple páxina web presencial ata complexas presentacións multimedia (tanto en liña como fóra de liña), labor con moito potencial por explotar mantendo as experiencias real e virtual como complementarias en vez de substitutivas.
O FIEC convértese así nun espazo para o intercambio de experiencias e coñecementos, no que profesionais independentes ou relacionados coas institucións museográficas centrarán as súas discusións na contribución das TIC supoñen para as presentacións cada vez máis atractivas da información museográfica, convertendo aos museos en motores da oferta cultural.
O encontro distribúese en varias sesións seguindo un amplo programa:

MÉRCORES, 7 NOV. 2012
SESIÓN 0: BENVIDA E APERTURA
10:30 Rexistro e entrega de documentación
11:00 Presentación
11:30 Conferencia Inaugural
Museos e Novas Tecnoloxías
THE MUSEUM OF THE FUTURE
Jasper Visser, Fundador
13:00 Cóctel de Benvida
SESIÓN 1: VISITAR
17:00 TATE | Marc Sands,
Director of Audiences and Media
18:00 Debate – Fin de Sesión
18:30 Pausa-Café
19:30 Visita ao Museo Centro Gaiás
XOVES, 8 NOV. 2012
SESIÓN 2: EXPLORAR
10:30 THE ISRAEL MUSEUM
Susan Hazan, Curator of New Media
11:30 Pausa-Café
12:00 MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES
Francisco Doménech, Webmaster
13:00 Debate – Fin de Sesión
SESIÓN 3: APRENDER
17:00 THE BRITISH MUSEUM | Shelley Mannion,
Manager Digital Learning Programmes
18:00 Pausa-Café
18:30 MUSEO THYSSEN–BORNEMISZA
Rufino Ferreras, Responsable de
EducaThyssen.org
19:30 Debate – Fin de Sesión
VENRES, 9 NOV. 2012
SESIÓN 4: CREAR
10:30 THE MANCHESTER MUSEUM
Steve Devine, New Media Officer
11:30 Pausa-Café
12:00 MACBA | Anna Ramos,
Directora, Ràdio Web MACBA
13:00 Debate – Fin de Sesión
SESIÓN 5: INTERCAMBIAR
17:00 MUSÉUM DE TOULOUSE
Samuel Bausson, Webmaster
18:00 Pausa-Café
SESIÓN 6: SUMAR
18:30 NATIONAL GALLERY OF DENMARK
Merete Sanderhoff, Researcher, Collection
19:30 Debate – Fin de Sesión
20:30 Foro Clausura
O prazo para inscribirse no FIEC pecha o 31 de outubro e os estudantes teñen un prezo reducido de 30 euros, mentres que para os profesionais custa 50 euros

