Bahía Software e El Correo Gallego desenvolveron conxuntamente a aplicación móbil Eleccións GALICIA, que permite que os posuidores dun iPhone ou un iPod Touch podan consultar os resultados dos últimos procesos electorais da comunidade autónoma de Galicia, incorporando de xeito constante novos datos, polo que permitirá a consulta en tempo real do avance do escrutinio na xornada electoral do vindeiro domingo.
Actualmente a ferramenta achega datos detallados a nivel de concello dos comicios anteriores, para o que conseguiron a información a través do Portal Open Data da Xunta de Galicia, que é a cara visible das iniciativas da Administración autonómica para a apertura da información de cara ao seu aproveitamento por parte da sociedade.
Dende Bahía Software están a traballar para adaptar esta aplicación a outros dispositivos móbiles (como móbiles con Android), e irá incorporando de xeito paulatino nova información dos procesos electorais celebrados en Galicia, tanto de carácter autonómico como doutro típo (municipais, xerais e europeos).
Publican unha aplicación móbil para facer un seguimento das eleccións autonómicas
Compartir Este Artigo

