O vindeiro luns, 12 de novembro, terá lugar na tenda viguesa de Casa del Libro ás 19:30 horas unha nova edición do Monday Reading Club, encontro que busca xuntar a profesionais do marketing e das TIC para debater ao redor dun texto que nesta ocasión será El Libro del Comercio Electrónico, unha ambiciosa obra realizada por profesionais do e-commerce en España que a través de tal compendio buscan transmitir os aspectos que inflúen á hora de desenvolver un proxecto de comercio electrónico, tanto dende o punto de vista da estratexia dunha empresa de venda en liña, financiamento, comunicación dixital, captación e fidelización de clientes, medios de pagamento en liña… como aspectos legais, tomando en consideración todas as implicacións do contorno.
A asistencia a esta tertulia literaria é de balde, recomendándose aos interesados en participar que manifesten o seu interese no correspondente evento de Facebook.
O comercio electrónico centrará a vindeira edición do Monday Reading Club en Vigo
Compartir Este Artigo

