
Compartiu
escenario con Devine a directora da Radio Web
do MACBA, Anna Ramos, que achega os museos aos usuarios dun xeito moi
diferente: a través do podcast. Este altofalante do MACBA chegou
a converterse nun medio de seu, xerador de contidos que poden axudar aos
usuarios a profundar nas obras do museo.
A sesión vespertina botou a andar con Samuel Bausson,
webmaster do Museo de Toulouse, que explicou
a iniciativa chamada Museomix, un evento de 3 días no que un museo
convértese nun auténtico patio de xogos, revolucionando o museo clásico, e que
en 2011 tivo a súa primeira experiencia no Museo de Artes Decorativas de París.
Pero o colofón púxoo Merete
Sanderhoff, investigador e directora de proxectos da Galería Nacional de Dinamarca (SMK), quen fixo
unha defensa das licenzas Creative Commons como xeito de achegar a cultura á
sociedade dende as institucións públicas, o que dende o SMK fixeron de xeito
activo, ofrecendo
numerosas pezas de arte de xeito libre para contribuír á súa reutilización
e difusión.
Sanderhoff
confía na potenciación do libre acceso ao patrimonio cultural, asegurando
que os vellos modelos de negocio baseado no pagamento para facerse con contidos
artísticos está obsoleto, e cómpre explorar novas canles. Tamén quixo dar conta
dun proxecto que están a emprender con outras 10 institucións culturais para a
difusión de imaxes de dominio público seguindo a mesma filosofía e baseándose
nas posibilidades que achega Twitter, como un exemplo máis do compromiso do SMK
por compartir o patrimonio dixital co público, o que tamén facilita o seu
enriquecemento e promove a súa difusión dun xeito que exemplificou co uso do
vídeo na web (que consegue un volume de reproducións moi superior en YouTube que
nas páxinas web das propias institucións).

