O club de lectura sobre marketing, Internet, redes sociais e outros ámbitos tecnolóxicos que leva 3 anos xuntándose nas instalacións da Casa del Libro en Vigo, o Monday Reading Club, celebrará unha nova edición o vindeiro 3 de decembro ás 19:30 horas para conversar sobre o fenómeno da gamificación, unha tendencia que consiste en empregar técnicas e elementos propios dos xogos en contornos non lúdicos.
O volume que centrará o encontro será o For The Win de Kevin Werbach e Dan Hunter, presentado por Alberto Lázaro, quen debullará as chaves de como o pensamento de xogo pode motivar a empregados e clientes e crear experiencias que pode transformar un negocio.
No libro cítanse exemplos de xogos en liña como World of Warcraft e Farmville, que conseguen enganchar a millóns de xogadores a diario grazas a un deseño moi coidado froito de décadas de investigación na psicoloxía e motivación humanas, o que pode aplicarse a outros ámbitos para beneficiarse da efectividade deste novo xeito de presentarse a traballadores e clientes.
A gamificación centrará un club de lectura en Vigo
Compartir Este Artigo

