
A López seguirao Manuel Pan Collazo, xerente de Abertal Networks, consultora galega dedicada ao contorno dixital, que servirá de antesala a un coloquio no que Pablo Rivera (Deputación de Lugo), Daniel Cerqueiro (EGANET), Luís S. Fernández Díaz (Federación Galega de Comercio), Miguel Conde Lobato (Bap Conde), Miguel López Crespo (UCGAL) e Antonio Rodríguez del Corral (Cluster TIC Galicia) intercambiarán puntos de vista sobre a evolución do comercio electrónico e as novas fórmulas publicitarias. Pechará o encontro a directora da AMTEGA, Mar Pereira.
Este Foro do Grupo Correo Gallego celébrase no Hotel Monumento San Francisco a partir das 10:00 horas, sendo a súa entrada libre.
O marketing e as redes sociais a debate en Compostela este mércores
Compartir Este Artigo

