O vindeiro 20 de decembro ás 10:30 vai ter lugar no salón de actos da Facultade de Informática da Coruña unha charla-coloquio na que os ex alumnos do centro Rubén López e Jacobo Tarrío falarán da súa experiencia como traballadores de Google na súas sedes de Zurich e Mountain View respectivamente. Esta actividade está enmarcada no Google Student Ambassador, iniciativa coa que preténdese manter contacto entre Google e as universidades de todo o mundo, que está presente na Universidade da Coruña para que os seus estudantes poidan estar informados sobre actividades, eventos, competicións e aplicacións de Google.
Agárdase que Rubén López e Jacobo Tarrío comenten aos estudantes da Facultade de Informática da UDC tanto a súa experiencia en Google e o traballo que desenvolven alí como os pasos que deron para chegar a traballar nunha das compañías máis destacadas do panorama tecnolóxico global.
Dous traballadores galegos de Google compartirán a súa experiencia profesional na Coruña
Compartir Este Artigo

