Imaxe da aplicación publicada por Windows Phone CentralPor tempo limitado os usuarios de móbiles con Windows Phone 8 poden descargar de balde unha curiosa aplicación chamada Reading Lens (baseada en Reading Glasses para Windows Phone 7.x) que moitos agradecerán porque facilita a lectura de letra miúda aproveitando a cámara do móbil e a súa pantalla, de xeito que podemos empregar xestos táctiles para ampliar o texto, premer sobre o mesmo para enfocalo, empregar o flash para iluminar o texto en lugares escuros e incluso premer na tecla de pausa para bloquear a imaxe en pantalla para poder realizar a lectura con calma sen ter que manter o móbil sobre o texto a ler. Esta ferramenta resulta ideal para ler a composición de moitos alimentos nas súas etiquetas ou mesmo a letra pequena dos contratos, e aínda que poida parecer unha aplicación destinada para xente con vista cansa, o certo é que pode resultar de utilidade para calquera en moitas situacións. Podemos ver o seu funcionamento no seguinte vídeo: