Os Cazapantasmas, aínda que levan moitos anos sen pasar pola grande pantalla, non cesan de ter encarnacións dixitais, e a última compañía en presentar un xogo da franquía cinematográfica de Columbia non é outra que Beeline Interactive, creadores do popular Smurfs’ Village, que co seu Ghostbusters chegan a iPod Touch, iPhone e iPad nunha aplicación universal de balde que permite a compra de contidos no xogo.
Este xogo para iOS vai dirixidos a afeccionados do Dr. Venkman e os seus compañeiros que queiran revivir as súas aventuras formando un escuadrón de cazapantasmas para atrapar aos espectros máis rebuldeiros por toda a cidade. Dentro dos retos do xogo está unha torre encantada posuída por unha malvada entidade pantasma que levará aos protagonistas a conquistar cada un dos seus andares tendo que derrotar a cadanseu inimigo final e capturando ás pantasmas que vaian saíndo ao paso.
En Ghostbusters pódese conseguir diñeiro, capturar ectoplama e pantasmas, realizar investigacións para mellorar o equipamento, recrutar a novos cazapantasmas e explorar a cidade para realizar distintas misións. Para facernos unha mellor idea do que achega este xogo podemos ver o seguinte trailer:
Os Cazapantasmas volven nun xogo para iOS
Compartir Este Artigo
