Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televés presenta un transmodulador por satélite que identifica as canles de TV de xeito automático
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Electrónica de consumo

Televés presenta un transmodulador por satélite que identifica as canles de TV de xeito automático

Redacción
Publicado: 06/02/2013
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

televes_transmodulador_DVBS_S2-COFDM.jpgA compañía galega Televés lanzou esta semana un novo produto destinado a facernos a vida máis cómoda en relación ao partido que lle tiramos á TV dixital. Máis polo miúdo, trátase dun novo transmodulador para sinal dixital de satélite, o modelo DVBS/S2-COFDM, que entre outras cousas inclúe o control S_ID. Isto significa, para entendérmonos e para vermos claro as vantaxes deste novo aparello, que poderemos cambiar as canles presentes nunha instalación sen necesidade de resintonizar os televisores. “Isto”, sinala a firma compostelá, “facilita o labor de mantemento dos instaladores, sobre todo en emprazamentos singulares como hoteis, hospitais ou residencias”.
Deste xeito, a funcionalidade S-ID fai posible que todos os televisores e receptores de TDT dunha mesma instalación detecten de xeito automático cambios de contidos sen que sexa preciso reiniciar unha busca xeral das canles. De feito, é o propio dispositivo o que toma as rendas da situación, advertíndonos dunha configuración do mesmo Service-ID en máis dun servizo, co fin de proceder a cambialo. Tamén permite a supresión integral ou selectiva das funcionalidades habitadas no múltiplex, para que non sexan localizados e memorizados polos televisores ou receptores TDT. “O novo DVBS/S2-COFDM”, engade Televés facendo especial fincapé no seu selo de galeguidade, “fabrícase nas propias instalacións da empresa en Compostela e leva por iso o selo European Technology Made in Europe, como garantía de fiabilidade e vangarda tecnolóxica, unha característica que distingue aos produtos da compañía”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Electrónica de consumo

Apple aposta pola integración da IA con aplicacións de terceiros para as súas futuras lentes

16/11/2026
Electrónica de consumo

Nova xeración de pantallas de tinta electrónica en cor de E Ink

15/10/2026
Electrónica de consumo

Apple colaborará con LG na creación do seu ecosistema domótico renovado

07/10/2026
mac-macbook-pro-size-unselect-20.jpg
Electrónica de consumo

O MacBook Pro con pantalla táctil podería ser bastante máis lixeiro

05/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?