Iwata considera que 2013 vai ser o ano de LuigiHai pouco máis de 3 semanas un vídeo de Nintendo Direct adiantaba as novidades que chegarán a Wii U nos vindeiros meses, para sementar certa confianza nunha consola doméstica que tivo un lanzamento bastante frouxo, e esta tarde puidemos ver outra entrega de Nintendo Direct na que tocou amosar as cartas da Nintendo 3DS, que está a converterse nunha das plataformas de videoxogos co mellor catálogo se atendemos a todas as novidades que presentaron Satoru Iwata e Satoru Shibata. Na presentación do vídeo Iwata quixo comezar reivindicando a figura de Luigi, irmán de Mario, que parece que vai ter un ano moi forte, pois aparte de estrear o anticipado Luigi’s Mansion 2 o vindeiro 28 de marzo, tamén estará presente no novo RPG Mario & Luigi: Dream Team, en Mario Golf World Tour e en New Super Luigi U (contido descargable para New Super Mario Bros. U). Mario Golf World Tour é un dos xogos presentados hoxeSatoru Shibata colleu o relevo de Iwata para presentar as novidades europeas de Nintendo, pondo data a moitos xogos: Monster Hunter 3 Ultimate chegará o 22 de marzo, Castlevania: Lords of Shadow – Mirror of Fate sairá á venda o 8 de marzo, Fire Emblem: Awakening sairá o 19 de abril, Etrigan Odyssey: Legends of the Titan 4 estará dispoñible na primavera, Project X Zone porase á venda no verán, cando tamén teremos a Inazuma Eleven na 3DS. Donkey Kong Country Returns 3D foi un dos grandes anuncios deste Nintendo DirectO 17 de maio estará dispoñible Pokémon Mystery Dungeon: Gates to Infinity, que será un xogo de Pokémon totalmente diferente ao que estamos afeitos, e o 14 de xuño será cando o agardado Animal Crossing: New Leaf saia á venda. Pero posiblemente o maior anuncio de todo o evento foi o seu colofón: o verán estará dispoñible Donkey Kong Country Returns 3D, o regreso dunha saga de éxito que desta volta amosará uns gráficos tridimensionais de impresión.