
O evento comezou cunha conferencia motivadora na que o formador e especialista en xestión de equipos, Mario López Guerrero, conseguiu que os asistentes perdesen o medo a presentarse e explicasen en que podían contribuír aos demais.
Os proxectos emprendedores que se deron a coñecer e que serán obxecto de traballo durante todo o sábado foron os seguintes:
· Mapa Emocional é unha plataforma de vídeo web para promocionar territorios con sensibilidade a través das experiencias dos seus habitantes, falando de lugares e acontecementos, que foi exposto por Cristina de la Torre.
· Comida Casera To Go: Oriol Sarmiento propuxo unha plataforma web para a venda de comida caseira, onde os participantes poden converterse en clientes.
· Trackless: Álvaro Armada suxeriu a creación dunha aplicación para poder borrar os nosos datos persoal da Internet.
· Co-Working Logístico: Fernando Álvarez presentou un proxecto de coworking loxístico no polígono de Bergondo
· Atrio Desk: Jorge Bravo falou dunha aplicación para facilitar a visualización no ordenador dos proxectos por parte do cliente e a posibilidade de que deixe comentarios sobre os mesmos para facilitar a súa xestión.
Tras a exposición dos proxectos, todos os asistentes puideron contribuír coas súas ideas, suxestións e opinións a través de etiquetas adhesivas colocadas xunto aos nomes dos proxectos nas fiestras do local que acolleu o encontro, e formáronse os grupos de traballo que mañá desenvolverán os obxectivos propostos nunha xornada que comezará ás 9:00 e rematará ás 20:00 horas, culminando un proxecto colaborativo que, aparte dos resultados do traballo, tamén resultará enriquecedor para os seus participantes.
iWeekend estréase en Galicia nunhas xornadas de grande participación
Compartir Este Artigo

