A páxina web de bodegas e destinos de enoturismo Viajerosdelvino fixo unha escolma das mellores aplicacións móbiles do sector para iPhone para analizalas e puntualas en función de aspectos como a calidade e cantidade de datos e fotografías, o uso da xeolocalización, a ergonomía e o deseño e a rapidez e a fluidez, destacando o feito de que en segunda posición quedou Ruta Rías, da galega Contact Comunicación, dispoñible tanto para iPhone como para Android, e que explora o territorio da denominación de orixe Rías Baixas, descubrindo os seus atractivos turísticos con numerosos recursos clasificados por categorías, información actualizada dos distintos lugares, xeolocalización mediante mapa ou realidade aumentada, ruta dinámica vía navegador GPS e calendario de eventos.
Deste xeito temos o recoñecemento do bo facer de Contact Comunicación, empresa establecida no Parque Tecnolóxico de Galicia, que soubo desenvolver unha ferramenta de utilidade para os interesados en percorrer a Ruta do Viño das Rías Baixas.
A aplicación móbil da Ruta do Viño da D.O. Rías Baixas destaca pola súa calidade
Compartir Este Artigo

