
A actividade desenvolverase en 2 xornadas a finais de abril na Escola Técnica Superior de Enxeñaría, supervisados por Enrique Estévez Fernández, coordinador do equipo galego de localización dos produtos de Mozilla, e Antón Méixome, lingüista e coordinador do equipo galego de localización de OpenOffice e LibreOffice, ambos do proxecto Trasno. O Fiadeiro de localización de software consta dun proceso formativo previo de 3 horas o 25 de abril, á que seguirá unha xornada de tradución supervisada o 27 de abril (de 10:00 a 19:00 horas, con descansos de lecer e xantar incluídos).
Os asistentes ao Fiadeiro recibirán un diploma de asistencia de 12 horas e recibirán 1 crédito de libre configuración curricular para as titulacións de 1º e 2º ciclo (estando en tramitación o seu recoñecemento como competencia transversal para o graos). O prezo de inscrición para esta actividade é de 10 euros e está limitada a 20 prazas.
Ábrese a inscrición para o V Fiadeiro de localización de software libre da USC
Compartir Este Artigo
