
Dito doutro xeito: estamos ante un encontro anual para establecer sinerxías entre aquelas empresas e profesionais que participan activamente neste comunidade achegando e desenvolvendo código fonte en moi diferentes eidos (comercio electrónico, redes sociais, portais corporativos, etc). O primeiro encontro deste tipo celebrouse en Bruxelas con máis de 60 asistentes e tivo a súa segunda edición en Amsterdam. Na terceira edición, acolle o evento a cidade de Cornellà (Catalunya) no seu Centro Tecnolóxico para a Difusión da Cultura Tecnolóxica (Citilab). Os responsables de Sdweb – Solucións Dixitais salientan ao fío da repercusión desta xuntanza o espírito de colaboración que se extrae dela, e máis o seu alcance europeo. Así nolo explican: “A filosofía desta cita é totalmente colaborativa con reunións permanentes, o que facilita establecer moitas liñas de traballo en conxunto con outras empresas europeas fortemente especializadas en Drupal e poder presentar a nosa oferta a proxectos máis grandes así como a desenvolver produtos e servizos especializados”.
A compostelá Sdweb participa en Cornellá no principal encontro europeo sobre Drupal
Compartir Este Artigo
