
Dende Foxconn xa tiñan advertido das dificultades de fabricación do iPhone 5, e aseguran ter incrementado os seus controis de calidade, co que agardan poder manter o ritmo de produción que se lles demanda, entregando un volume de unidades sen erros aceptable. Desta volta foi especialmente complicado cumprir cos obxectivos de Apple, pois a compañía de Cupertino reduciu a distancia entre os lanzamentos internacionais do iPhone 5, converténdose no seu lanzamento máis agresivo, o que, como podemos ver, afectou aos controis de calidade nos seus procesos de ensamblado.
Apple podería ter devolto máis de 5 millóns de iPhone 5 defectuosos a Foxconn
Compartir Este Artigo
