
Nos últimos anos a figura do Xefe de Proxecto transformouse nun rol fundamental para as compañías, motivo que levou o CITIC a organizar esta serie de cursos formativos. Esta última edición dará comezo mañá e prolongarase ata o 28 de xuño, desenvolvéndose todos os venres ata entón.
Nas dúas primeiras edicións celebradas polo CITIC participaron empresas líderes no sector TIC galego ou nacional como Indra, R ou Altia. De asistencia mixta, neste curso asistirá persoal investigador do CITIC ademais de profesionais de empresas TIC ou da Administración, os que poderán coñecer os conceptos da Dirección e Xestión de Proxectos TI, os principais procesos e o vocabulario estándar do PMI-Project Management Institute, así como conceptos e ferramentas útiles de Microsoft Project 2010 para a xestión de proxectos.
Un dos factores críticos para o éxito dos proxectos, é unha axeitada xestión. A importancia da figura do Xefe de Proxecto deixou ao descuberto as carencias de formación e experiencia respecto á propia xestión que teñen os profesionais. Intentando dar unha solución a esta materia pendente, desenvolvemos este curso, o cal intenta brindar ese nivel de profesionalidade necesario para a carreira de xefe de proxecto, traballo que o PMI vén realizado dende fai xa moitos anos, con certificacións como PMP (Project Management Professional).
O Obxectivo do curso céntrase en que os asistentes coñezan os conceptos básicos da Dirección e Xestión de Proxectos TI, os principais procesos e o vocabulario estándar do PMI-Project Management Institute. Este curso é apto para presentarse ao exame de certificación de PMP do Project Management Institute.
Os aspectos xerais a cubrir polo curso serán: – Coñecer os procesos principais da xestión de Proyectos TI, recollidos no PMBOK – Project Management Body of Knowledge. – Entender como os devanditos procesos contribúen á mellora na xestión dos proxectos TI. – Coñecer as principais ferramentas que soportan a xestión dun proxecto TI. – Proporcionar unha linguaxe común para falar da dirección de proxectos TI.
Axudas do programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas: Agrupación Estratéxica CITIC (CN2012/211). Cofinanciado por::

