O espazo de coworking sito na Avenida Novo Mesoiro da Coruña, WeKCo, ten programadas esta semana un par de actividades dedicadas ao marketing por correo electrónico, que comezan cun seminario de balde sobre Aspectos básicos do e-mail marketing que terá lugar o vindeiro mércores ás 19:30 horas e no que David Bodero Vales-Villamarín abordará temas como a importancia que mantén o correo electrónico no panorama actual, os distintos tipos de e-mail marketing, as súas vantaxes para a creación de marca e as características que diferencia ao concepto doutros métodos de comunicación empresarial. Rematará cunha serie de consellos básicos a ter en conta no desenvolvemento dunha estratexia propia de e-mail marketing.

Recoméndase aos asistentes ao curso que acudan co seu ordenador portátil, sendo tamén recomendable que conten con algunha páxina web, blog ou perfil social, coa súa imaxe corporativa e unha listaxe inicial de contactos para poder experimentar cun caso real durante as 3 xornadas de 4 horas cada unha.
A ferramenta empregada para o e-mail marketing será MailChimp, sobre o que se realizarán distintas prácticas, de xeito que os asistentes non só aprenderán a usar MailChimp, senón que rematarán o curso cunha ferramenta personalizada e en funcionamento para o seu proxecto.
O marketing por correo electrónico centrará varias actividades formativas na Coruña
Compartir Este Artigo

