O sistema operativo BlackBerry 10, presente polo momento nos smartphones Z10 e Q10, estrea estes días a aplicación oficial de Tuenti, de xeito que os usuarios desta plataforma social xa poden chatear en grupo, ver álbums de fotos e incluso contan coa novidade de poder aplicar filtros para retocar as imaxes que comparten nos seus Momentos (con efectos como pór as imaxes en sepia, branco e negro, pixeladas…). Outra das vantaxes do Tuenti Social Messenger para BlackBerry 10 é que está integrado con BlackBerry Messenger, de xeito que cun único clic os usuarios poden actualizar o seu estado en Tuenti e en BBM.
A nova aplicación móbil tamén goza cun deseño visual na liña que está a seguir Tuenti nas últimas semanas, procurando unha navegación doada e unha boa experiencia de usuario, afondando na intención de Tuenti de consolidarse como plataforma de comunicación social de balde con funcións de mensaxería instantánea.
Tuenti estrea aplicación para BlackBerry 10
Compartir Este Artigo

