A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) organiza os días 31 de maio e 1 de xuño as XII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, que celebraranse no IES A Guía de Vigo, con visitas didácticas á Escola de Artes e Oficios de Vigo e ao Citexvi (ambas simultáneas), así como ao Centro de Interpretación do Parque Natural das Illas Atlánticas.
Aparte das mencionadas visitas didácticas que terán lugar na sesión matinal da primeira xornada, este encontro para docentes desenvolverase seguindo un completo programa:
VENRES 31
-16:00 – Recepción e entrega de documentación
– 16:30 – Conferencia inaugural: Promovendo a investigación a través das competicións científico-tecnolóxicas – Javier Méndez Zunzunegui
– 18:30 – Comunicacións didácticas
– 19:00 – Obradoiros (1ª quenda)
– 21:30 – Cea no Restaurante A Pita Tola
SÁBADO 1
– 10:00 – Obradoiros (2ª quenda)
– 11:30 – Comunicacións didácticas
– 12:00 – Obradoiros (3ª quenda)
– 14:45 – Xantar no Restaurante Richote
– 16:30 – Conferencia: Hardware libre: Robots, impresoras 3D…
– 17:30 – Obradoiros (4ª quenda)
– 18:30 – Obradoiros (5ª quenda)
– 20:30 – Clausura das xornadas
A inscrición ás xornadas (que abrirase o vindeiro día 17) custará 60 euros para non socios de APETEGA, aínda que tamén poderán aproveitar a ocasión para asociarse (ingresando 50 euros na conta de APETEGA en concepto de alta como socio), podendo así acudir ao encontro de balde. O prezo dos xantares e ceas non están incluídos nas cotas de inscrición.
O número de prazas a estas xornadas está limitado a 120, asignadas por orde de inscrición e priorizando aos interesados que aboaran a súa cota de alta ou renovación como socios antes do día 1 de maio de 2013.
APETEGA leva as súas XII Xornadas de Tecnoloxía a Vigo
Compartir Este Artigo

