O club de lectura Monday Reading Club que celebra encontros presenciais mensuais na cidade de Vigo ao redor de libros relacionados co marketing en liña para aprender compartindo intereses comúns empregando un texto como eixe da conversa celebrarse o vindeiro luns ás 19:30 horas deixando a súa habitual sede no Casa del Libro e trasladando o encontro á Asociación de Jóvenes Empresarios no número 53 na rúa Príncipe.
O libro que centrará a xornada será Game Over. Los 13 Errores que me llevaron a cerrar mi empresa de Javier Regueira, autor que por primeira vez nun Monday Reading Club vigués participará da xuntanza intervindo a través de Skype para conversar co resto de asistentes. O encargado de conducir o evento será Rubén Hermida, presidente de AJE Vigo, quen exporá o libro a modo de resume para extraer conclusións sobre o mesmo e achegar o seu propio punto de vista sobre os temas abordados.
No libro de Regueira analízase o fracaso empresarial dende un punto de vista orixinal: a experiencia dun emprendedor novo que viviuno en primeira persoa e que debulla os erros chave que poden levar a que un proxecto empresarial a aborrallarse, facilitando así que outros aventureiros empresariais non caian nos mesmos erros.
O Monday Reading Club de Vigo abordará os principais erros á hora de emprender
Compartir Este Artigo

