Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 220 locais galegos, recoñecidos cos premios de excelencia da comunidade Tripadvisor
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
NOVAS

220 locais galegos, recoñecidos cos premios de excelencia da comunidade Tripadvisor

Redacción
Publicado: 27/05/2013
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

TripAdvisor, a web de viaxes do mundo, anunciou este luns os gañadores dos seus Certificados de Excelencia 2013, entre os cales se atopan 220 galegos: 102 aloxamentos, 109 restaurantes e 9 lugares de interese. Actualmente no seu terceiro ano, este galardón recoñece a excelencia en hostalaría e, segundo informa a dita web, só se concede aos locais que acadaron excelentes opinións dos viaxeiros-internautas membros da comunidade TripAdvisor. “Os gañadores do Certificado de Excelencia atópanse en todo o mundo e representan un alto nivel dos establecementos que aparecen na web; só o 10% recibe este prestixioso galardón”, engaden os responsables da páxina. En total, 7.886 establecementos en España recibiron o galardón, representando un importante incremento con respecto ao ano pasado, no que se entregaron 4.420 certificados.
Os gañadores do dito recoñecemento este ano van desde pensións e hostais ata hoteis de 6.000 habitacións, panadarías, restaurantes con estrelas Michelin, atraccións pouco coñecidas ou parques temáticos de prestixio e museos. Segundo informa Tripadvisor, as propiedades galardoadas poden dar a coñecer o seu éxito de múltiples formas, incluíndo o certificado físico que recibirán nas vindeiras semanas, amosalo na súa páxina web, ou comunicalo aos medios a través dunha nota de prensa. Os gañadores do ano pasado promoveron o seu galardón “con éxito” a través das redes sociais, destacando o triunfo do seu negocio en Twitter e o Facebook, así como informando aos seus anteriores e actuais clientes do seu galardón, fomentando a repetición de visitas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?