O vindeiro venres remata o mes, e para despedilo a encontro para profesionais do sector tecnolóxico galego xuntaranse en Pontevedra para unha nova edición da LaconNetwork, encontro gastronómico que busca animar ao desenvolvemento de sinerxías entre proxectos TIC a través do networking e que botará á andar ás 14:30 horas na Casa Román, establecemento sito na Avda. de Augusto García Sánchez.
Os interesados en acudir a esta nova xuntanza poden inscribirse na páxina web do evento, aboando 19 euros para sufragar o xantar. A LaconNetwork chega así á súa edición 39, confirmando a cúa consolidación dentro do calendario sectorial galego como unha cita mensual de referencia.
A 39ª edición da LaconNetwork celebrarase en Pontevedra
Compartir Este Artigo

