
Mais, quen está detrás de Incoruña? Pois concretamente a Asociación de Emprendedores de Galicia (ASCEGA), unha entidade sen arela de lucro, que pretende impulsar a cultura emprendedora, desenvolvendo e afianzando o tecido empresarial na sociedade galega e española, e todo a través da súa firma crenza no intre de oportunidades que é este que estamos a vivir (un intre de crise no que podemos, dunha vez por todas, apostar por unha forma diferente de producir e facer economía e riqueza, unha actividade máis sustentable, baseada no coñecemento e na colaboración, polo eticamente responsable e economicamente rendible). A experiencia de ASCEGA é longa, non tanto no tempo como en iniciativas postas en marcha, e isto sérvelle para ter amplitude de miras sobre os acontecementos económicos pasados, presentes e futuros. De feito, do seu seo xa naceron xa ducias de proxectos e programas, coma os recoñecidos Afterwork (Emilio Durou, Angel Naranjo, Enrique Losada, Manolo Dafonte, Francis Montesinos….) ou, en colaboración co Concello da Coruña, a iniciativa Innova Finisterrae, un programa de formación e apoio ao espírito emprendedor para a nosa mocidade.
Volvendo ao que nos ocupa tematicamente, as xornadas eCommerce Incoruña 2013 que se celebran no Centro Cultural Ágora, do 27 ao 28 de maio, dicir que centra nas cuestións do comercio electrónico e a mercadotecnia en liña, achegándose como unha ocasión inmellorable para afondar nas claves destes ámbitos de mans de senlleiros profesionais.
Ao longo de dúas tardes, e en paralelo aos eventos principais, realizaranse dúas xornadas compostas por conferencias de alto nivel ofrecidas por empresarios de éxito no comercio dixital e máis obradoiros prácticos nos que o participante terá ocasión de aprender a crear a súa propia empresa ou iniciativa empresarial desde cero. No intermedio de ámbalas seccións achegarase unha miúda sesión de networking con pausa para o café e unha sesión longa de traballo en rede para rematar. Para tirar o máximo proveito dos descansos e as accións de traballo colectivo, están previstas actividades paralelas relacionadas coa mercadotecnia, a publicidade e o emprendemento.
Programa provisional de actividades
Luns 27
Relatorios
16,00h. 18,30h.
Aprendendo dos grandes
Susana voces, directora de vendas de eBay España
Susana Andújar (pendente de confirmar), directora de Fnac.es
18,30 – 19,00h [COFFE BREAK E NETWORKING]
19,00 – 20,30h.
Obradoiro HowTo. Creación e optimización de empresa. O chimpo do empregado ao empregador. Intervén Javier Pascualena, CEO do portal Infoautónomos.
Martes 28
Relatorios
16,00h. 17,30h.
Aprendendo dos que van ser grandes
Ricardo Lop, responsable de Aceiros de Hispania: unha pequena distribuidora dunha vila de Teruel que factura máis dun millón de euros distribuíndo a todo o mundo.
17,30 – 18,00h [COFFE BREAK E NETWORKING]
18,00 – 20,30h.
Obradoiro HowTo.
Crear unha tenda online desde cero con Prestashop. A cargo de Miguel Ángel López, CEO de Manufacturas de Internet.
Como crear contidos que vendan, xerando tráfico rendible para a túa tenda en liña ou a túa páxina web. Domingo Díaz, CEO de SocialDocs.
Comezan no Centro Ágora as xornadas eCommerce de Incoruña
Compartir Este Artigo

