A empresa coruñesa especializada en construción integral Grupo Desarrolla está a estrear estes días unha aplicación móbil innovadora que facilita aos usuarios o seguimento detallado e transparente do avance das obras dende os seus dispositivos móbiles, estando xa dispoñible para iPhone e iPad na App Store e para dispositivos Android en Google Play.
A nova aplicación móbil, desenvolvida por Corunet, é de uso exclusivo para os clientes de Desarrolla e a súa dirección facultativa, e facilita a organización das obras nun único espazo, un calendario para controlar as fases das obras, unha listaxe aos números de teléfono e enderezos de correo electrónico de arquitectos e comerciais cos que poder contactar, unha sección de novas (na que figura incidencias, avisos, eventos..), galerías fotográficas coas fases da construción e outras funcionalidades como avisos push dos eventos máis destacados da obra, descarga de documentos, ligazóns á localización en mapas ou información do blog de Desarrolla.
Unha construtora galega permite facer o seguimento das súas obras dende o móbil
Compartir Este Artigo

