O encontro informal de emprendedores e profesionais do sector tecnolóxico galego coñecido como LaconNetwork volverá o vindeiro mes a xuntar ao redor dun xantar a numerosos representantes das nosas TIC no que xa é a súa edición número 40, retornando á vila de Carballo, na que xa celebraran este evento hai dous anos.
A 40ª edición da LaconNetwork desenvolverase a partir das 15:00 horas en A Barra, local sito na rúa Vázquez de Parga, 30 de Carballo. e os interesados en participar neste encontro deberán inscribirse e aboar 10 euros destinados a pagar o xantar, que consistirá en paella de verán e tapas.
Este tipo en xuntanzas contribúen a tender pontes entre os profesionais do sector tecnolóxico galego, facilitando que xurdan sinerxías entre distintas empresas e contribuíndo á cohesión un ámbito profesional moi dinámico no que un contacto informal axuda a dar visibilidade interna aos seus axentes.
A LaconNetwork volve a Carballo o vindeiro venres
Compartir Este Artigo

