Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Balidea resulta elixida para achegar soporte informático a órganos xudiciais de toda España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Balidea resulta elixida para achegar soporte informático a órganos xudiciais de toda España

Redacción
Publicado: 30/07/2013
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

balidea_exterior.jpgBalidea vén de anunciar que foi elixida para encargarse de dar soporte informático aos órganos xudiciais de toda España. Como lembraremos, estamos ante unha empresa do sector das tecnoloxías da información que achega servizos de consultoría, desenvolvemento e integración de software, formación especializada e externalización tecnolóxica e de servizos TIC dende 2002. Esta consultora galega adícase a adaptar os produtos existentes ou con software específico desenvolvido a partir da análise das necesidades particulares do seu cliente.
As áreas de servizo que abrangue Balidea van dende as Solucións B2B (Business to Business), B2C (Business to Customer), B2E (Business to Employee), G2B (Government to Business), G2C (Government to citizen), G2E (Government to Employee), ata a E-administración pasando pola comunicación web, a mobilidade, as ferramentas ou aplicacións de xestión, a atención a usuarios e mesmo formación.
Mediante a devandita aposta para fornecer alicerce informático aos órganos xudiciais estatais, a empresa situará técnicos especializados por todo o territorio español, ofrecendo un servizo integral -de luns a domingo as 24 horas do día- a través dun Servizo de Atención Continuada, tanto en Sedes Xudiciais como en Rexistros Civís. Un aspecto a salientar é que grazas a este proxecto conseguiranse crear máis de 40 postos de traballo, postos que se suman aos 120 creados nos últimos tres anos por esta consultora especializada en adaptar a tecnoloxía ao negocio que requira os seus servizos.
Balidea atópase espallada pola xeografía española con sedes en Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, Bizkaia e tamén fóra das nosas fronteiras, en Dinamarca.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?