Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Expertos internacionais proban en Vigo un programa informático para identificar quenllas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Expertos internacionais proban en Vigo un programa informático para identificar quenllas

Redacción
Publicado: 31/07/2013
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_quenllas.jpgA Organización das Nacións Unidas para a Agricultura (FAO) está estes días a experimentar e a probar as funcionalidades do programa IsharkFin, un recurso tecnolóxico no que xa traballa dende hai tempo a Universidade de Vigo. Máis en detalle, o grupo de expertos da FAO (tres investigadores), teñen o obxectivo de avaliar o programa para calibrar unha das súas grandes aplicacións: a identificación das distintas especies de quenllas en función das súas aletas. Segundo informa a UVigo, este primeiro exame do proxecto chega cando está a piques de cumprirse un ano de que a FAO lle encargase á Universidade, e máis en detalle ao profesor do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal Cástor Guisande, un software que permitise coñecer as distintas especies de escualos e pór freo ao declive que nestes anos está a sufrir esta especie, facilitando o control nas súas capturas.
Por certo que tamén por requirimento da FAO, a Universidade de Vigo desenvolveu previamente outro programa, o sistema IPez, que contribúe á identificación das diferentes especies de peixes en base á súa morfoloxía. Este recurso foi o que serviu de alicerce para a creación do novo software agora en proceso de análise, desenvolvido tamén por Guisande, que informa que o tempo estimado para recoñecer a especie á que pertence o escualo capturado é inferior aos cinco minutos e a persoa que manexa o programa non precisa ter coñecementos previos da taxanomía destes animais xa que só debe medir a aleta en cuestión. No proxecto, engade a UVigo, están a participar expertos de diferentes países e a Universidade é a encargada de deseñar o programa informático e os algoritmos que permiten esta identificación. Entre os investigadores da FAO presentes estes días en Vigo atópase a especialista australiana Lindsay Marshall, xunto cos profesionais Mónica Barone e Peter Psomadakis. Os resultados amosaranse a finais de semana, pero os tres membros da FAO xa falaron da “posibilidade real de ampliar este proxecto conseguindo que a identificación dos animais se poida facer a través dunha fotografía tal e como destacou o profesor Cástor Guisande”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?