Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede Cemit rexistra en xuño 27.000 usuarios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede Cemit rexistra en xuño 27.000 usuarios

Redacción
Publicado: 12/08/2013
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cemit_brion_detalle.jpgA Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) impartiu no primeiro semestre do ano máis de 15.000 horas de formación dixital gratuíta nas 98 aulas que a integran. O número de usuarios rexistrados ata xuño superaba os 27.000, cun nivel de satisfacción dun 8,8 sobre 10 en canto á formación e aos servizos dispoñibles na rede. Con esta cifra a Rede Cemit supera, nos primeiros seis meses do ano, o obxectivo de acadar en 2013 os 25.000 usuarios.
Do total de horas impartidas nos primeiros seis meses do ano a maioría corresponde ao nivel de Formación Dixital Básica, e dentro desta tipoloxía os cursos máis solicitados son Iniciación á informática, Busca de información na Internet e Correo electrónico: webmail.
O resto das horas repártense entre a formación para profesionais TIC, realizada en colaboración co Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), que suman preto de 1.700; a destinada aos empregados públicos a través da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), con case de 1.500 horas no primeiro semestre do ano; e as preto de 1.000 horas de formación para empresarios e emprendedores e persoas en situación de desemprego.
O contido do Plan de Formación e a carta de servizos están dispoñibles na web desde a que os usuarios poden xestionar a súa vida académica na Rede (matriculación en cursos, demanda dos mesmos, recomendacións…)

Plan de Formación 2013

O Plan de Formación deste ano establece 13 itinerarios formativos con 60 cursos para as distintas áreas en función dos colectivos e as súas necesidades.
Os itinerarios formativos abranguen a alfabetización dixital básica, a formación destinada a empresarios e emprendedores, equipamento TIC, redes sociais, imaxe e audio, formación a desempregados, ofimática en software libre, operacións a través de Internet, creación multimedia e web 2.0, administración electrónica, capacitación especialización e software libre, ocio en Internet e multimedia e ferramentas TIC.
A Rede ofrece tamén a teleformación a través do Espazo Multimedia de aprendizaxe, que permite achegar a alfabetización dixital e a formación multimedia e audiovisual a un maior número de usuarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?