Aínda que Instagram non conte cunha aplicación oficial para Windows Phone 8, iso non quere dicir que non teña clientes dispoñibles (aínda que a petición do mencionado servizo non poden empregar no seu nome as partículas Insta ou gram para non levar a confusión coa marca orixinal), e o máis completo de todos (por soportar ao 100% a API de Instagram) ve por fin a luz, de xeito que a aplicación antes coñecida como 6tagram está xa dispoñible de balde como 6tag.
A nova aplicación permite subir tanto imaxes como vídeos, aplicar filtros, etiquetar a amigos, ver as publicacións no mapa… en definitiva, facer un uso completo da plataforma social de fotografías de Instagram dende Windows Phone 8.
6tag inclúe publicidade (que pode eliminarse mediante o pagamento de 1,29 euros), pode gravar vídeos en tomas independentes, facilita compartir os contidos noutras redes sociais, facilita a interacción cos amigos, permite empregar tanto a cámara frontal como a traseira… e incluso amosa notificacións na súa baldosa (se a temos instalada no menú do noso móbil).
Windows Phone 8 estrea unha completa aplicación non oficial de Instagram
Compartir Este Artigo

