
O vindeiro luns será cando se abra a inscrición para esta party de gaming e lecer electrónico, que terá un custo de 20 euros por persoa e que estará conectada á Internet cun caudal de 10 Gbps, garantindo unha boa conectividade que permitirá que cada usuario poida gozar dunha boa experiencia en liña.
Aparte da LAN Party tradicional, InterGalNet tamén contará con zona de acampada, zona de lecer-espectáculo, paintball, zona retro, simuladores… completando un catálogo de actividades que buscarán amenizar os 3 días nos que tamén poderán probarse en vivo algunhas das novidades do sector dos videoxogos entre as que espérase que estean as consolas de nova xeración que sairán á venda nos días seguintes ao encontro.
A semana que vén abrirase a inscrición para a party luguesa InterGalNet
Compartir Este Artigo

